Diñeiro por ler correos electrónicos

terça-feira, 25 de setembro de 2007

É posible que nos paguen só por ler e-mails?

Si, porque é unha publicidade moi efectiva e que, polo tanto, lle compensa ás empresas anunciantes. É o que se denomina permission marketing ("publicidade permitida"). Funciona do seguinte xeito:

nós permitimos que nos envíen publicidade sobre produtos que do noso interese ao noso correo electrónico

o feito de a publicidade ser permitida garántelle ás empresas anunciantes a efectividade da mesma, co cal o beneficio é maior para elas

isto permítelles que, para manter o interese do posible consumidor, poidan pagarlle unha pequena cantidade por ler a súa publicidade


Que teño que facer para que me paguen por ler e-mails?

Para que che paguen por ler correos publicitarios debes rexistrarte na web dunha empresa que se dedique a realizar este tipo de publicidade. Unha das empresas españolas máis coñecida pola súa seriedade hoxe en día é Es-fácil.

Canto podo gañar?

A cantidade que nos pagan por ler cada correo é moi pequena (0,05€ como moito), pero aínda así pódese gañar un diñeiro considerable. Como? Conseguindo referidos. Os nosos referidos son aquelas persoas que se rexistran por recomendación nosa. Nós cobraremos tamén por cada correo que lea cada un dos nosos referidos e dos referidos dos nosos referidos... e así ata varios niveis. Conseguindo unha boa cantidade de referidos podemos sacar unha cantidade considerable.

O conseguir referidos pode dar algo de traballo, pero unha vez que os conseguimos é moi doado gañar uns cartos extra cada mes.

Como podo estar segur@ de que me van pagar?

Coma en todo, sempre hai quen se aproveita da situación para enganarnos. Como norma xeral, non nos debemos fiar nunca das empresas que nos ofrecen unha cantidade moi alta por cada correo que leamos, xa que é imposible que sexa rendíbel para elas, polo que non nos van pagar. Existen diferentes listas negras de empresas que non pagan, estas son algunhas:

- Lista negra de eldolar.net
- Lista negra de zonamoney.com
- Listas negras nos foros de tudinerito.com
- Lista negra de ganar-dinero.biz

Algunhas das empresas que si gozan de boa fama e destacan pola súa seriedade son:


-
Es-fácil
- Miniemail
- Consupermiso


Como podo cobrar de forma segura?

Aínda que algunhas empresas che permiten cobrar mediante cheque (como é o caso de Es-facil), hai moitas que non. Nunca debemos proporcionar datos bancarios (nin invertir diñeiro). Entón, como cobrar de xeito seguro? A resposta é mediante pago electrónico. Existen empresas que funcionan de forma semellante a bancos e que nos permiten crear contas con diñeiro que podemos usar para mercar en internet, e que tamén poderemos transferir ás nosas contas bancarias. As máis coñecidas son:

- PayPal

- E-gold



Esta forma de pago é permitida por case tódalas empresas que nos pagan por ler correos electrónicos.

Formas de gañar diñeiro en Internet

É posible gañar diñeiro en internet?

A resposta é si. Existen diferentes maneiras de poder conseguir uns cartiños extra na rede. Algunhas delas son:

- PTR (Paid To Read): é un xeito de gañar diñeiro lendo publicidade no noso correo electrónico.

- PTC (Paid To Click): é outra maneira de gañar diñeiro, desta volta simplemente por facer click nas ligazóns dos anunciantes.

- PTS (Paid To Singup): as empresas anunciantes págannos por nos rexistrar na súa páxina web.

- Diñeiro por opinar: hoxe en día para as empresas son moi importantes as opinións dos consumidores, por iso podemos atopar sitios nos que nos pagan por realizar enquisas ou por opinar sobre algúns produtos.

- Diñeiro por poñer publicidade no teu sitio web: se tes unha páxina web podes incluír publicidade nela e as empresas anunciantes pagaranche por cada vez que alguén faga click nos anuncios que se atopan na túa páxina.