Formas de gañar diñeiro en Internet

terça-feira, 25 de setembro de 2007

É posible gañar diñeiro en internet?

A resposta é si. Existen diferentes maneiras de poder conseguir uns cartiños extra na rede. Algunhas delas son:

- PTR (Paid To Read): é un xeito de gañar diñeiro lendo publicidade no noso correo electrónico.

- PTC (Paid To Click): é outra maneira de gañar diñeiro, desta volta simplemente por facer click nas ligazóns dos anunciantes.

- PTS (Paid To Singup): as empresas anunciantes págannos por nos rexistrar na súa páxina web.

- Diñeiro por opinar: hoxe en día para as empresas son moi importantes as opinións dos consumidores, por iso podemos atopar sitios nos que nos pagan por realizar enquisas ou por opinar sobre algúns produtos.

- Diñeiro por poñer publicidade no teu sitio web: se tes unha páxina web podes incluír publicidade nela e as empresas anunciantes pagaranche por cada vez que alguén faga click nos anuncios que se atopan na túa páxina.





Sem comentários: